Sony amosa os seus lentes de realidade aumentada no MWC
martes, 25 de febreiro do 2014
Google
non é a única compañÃa que está a traballar en lentes de realidade aumentada, e
Sony aproveitou a súa presenza no Mobile World Congress (MWC) para amosar un prototipo
das Sony SmartEyeglass, que optan por un formato binocular, integra
distintos sensores (acelerómetro, xiroscopio, compás dixital e brillo), cámara,
micrófono, Bluetooth 3.0 e Wi-Fi N e proxecta sobre os lentes unha imaxe
monocromática (verde) con notificacións e información instantánea.
Para amosar o potencial desta solución de Sony publicaron un vÃdeo no que vemos
como esta solución pode guiarnos nun aeroporto, aÃnda que tamén podemos
empregar os lentes para ler mensaxes de texto, recibir avisos de chamadas
perdidas ou disparar fotografÃas dalgo que consideremos de interese.
Para funcionar, os lentes conta cun controlador separado cun touchpad e neste momento
atópanse traballando nun SDK para poder experimentar con este produto cunha
serie de socios de Sony, asegurando que o desenvolvemento para este produto é
moi semellante ao do Sony SmartWatch 2, aÃnda que polo momento non teñen un
calendario fixado para o lanzamento deste produto nin do seu SDK para o
público.
VÃdeo de demostración das Sony SmartEyeglass