Sony anuncia dous novos xogos de SingStar para PS2

venres, 22 de agosto do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 48.1 KB
Don’t Stop Me Now xa se podía cantar en SingStar Rocks!

Sony aproveitou a celebración da Games Convention de Leipzig para presentar 2 novas versións de SingStar, das que resulta especialmente destacable o SingStar: Queen, que será unha entrega que incluirá unicamente temas da banda formada por Freddie Mercury, Brian May, Roger Taylor e John Deacon.
Outras entregas de SingStar xa tiñan cancións de Queen, pero os afeccionados ao grupo poderán agora mercar o novo xogo para rememorar os seus temas máis importantes na PS2 e, para compensar aos usuarios da PS3, tamén sacará un par de paquetes de cancións de Queen na SingStore.
O outro título da saga de SingStar anunciado é SingStar: Singalong With Disney, que será un xogo exclusivo para o mercado europeo incluíndo cancións de películas da Disney coma Aladdin, El Libro de la Jungla, Toy Story, La Sirenita, Pinocho, e outras, que estarán dispoñibles no xogo que sairá no outono para a PS2.
Durante as cancións poderán verse vídeos das súas películas orixinais, e os temas estarán localizados para cada país europeo, de xeito que a España debería chegar nas súas versións dobradas (aínda que é de supor que os temas vellos inclúan a versión latina).

PUBLICIDADE