Sony anuncia memorias con conector USB-C e USB-A
venres, 29 de xaneiro do 2016
Cando chegou ao mercado o novo MacBook, moitas foron as
críticas porque este equipo centrase a súa conectividade física nun único
conector USB 3.1 de tipo C, forzando a empregar adaptadores en case todos os
escenarios de uso iniciais, pero a cousa vai mudando pouco a pouco, e cada día
hai máis accesorios e equipos que adoptan o conector USB-C, de xeito que non só
gozan da comodidade de contar cun conector reversible, senón que tamén poden
utilizar velocidades de transferencia superiores, e para facilitar a adopción
do novo conector temos agora que Sony anuncia unha nova
serie de unidades de memoria USB que non só adapta o estándar USB-C, senón que
no outro extremo conta cunha toma USB-A (a tradicional) facilitando o seu
uso en vellos equipos.
Estas novas unidades de memoria sairán á venda en febreiro en capacidades de
16, 32 e 64 GB, e ofrecen velocidades de até 130 MB por segundo, resultando moi
prácticos polo feito de poder empregarse con ordenadores persoais e tamén
moitas tabletas e smartphones de nova fornada, sen ter que empregar
adaptadores, o que fai que estes trebellos sexan especialmente útiles en
mobilidade (onde non sempre temos a man os adaptadores necesarios).