Sony anuncia o desenvolvemento de God of War: Ascensión

xoves, 19 de abril do 2012 Marcus Fernández

Unha das franquías de máis peso que ten Sony en exclusiva é a de God of War, cunha historia principal desenvolvida en consolas domésticas (PS2 e PS3) en 3 episodios complementados con 2 entregas menores para PSP (que foron adaptadas á alta definición da PS3 máis adiante), e pese a que daba a impresión de que as aventuras do espartano Kratos chegaran á súa fin, Sony estreou hoxe un teaser no que dan a coñecer como God of War: Ascensión, dando a entender que estaremos ante unha precuela dos xogos anteriores que está a ser desenvolvida por Santa Monica Studios. O anuncio en vídeo tamén indicaría que será un xogo para PS3, polo que a incógnita de se haberá xogos da saga para PS Vita continúa sen resolver.
O vindeiro día 30 Sony Computer Entertainment realizará un evento que retransmitirán en directo por streaminga través da Rede ás 17:00 horas para dar a coñecer máis detalles sobre este xogo.


Teaser en español de God of War: Ascensión

PUBLICIDADE