Sony detalla as especificacións do Xperia Z4
luns, 20 de abril do 2015
Sony
prepara o lanzamento do seu Xperia Z4 no Xapón para o vindeiro verán, e
anuncia xa as caracterÃsticas deste novo smartphone, sen detallar cando o
veremos en Europa e deixando claro que estamos ante un produto bastante
continuista, de xeito que as súas principais melloras serÃan unha actualización
do seu procesador por un modelo máis actual e un importante salto na súa cámara
frontal, que agora é de 5,1 MpÃxeles con grande angular e sensor Exmor R,
buscando asà ser un magnÃfico dispositivo para as cada vez máis populares
auto-fotos.
O Sony Xperia 4 contarÃa cunha pantalla de 5,2 polgadas cunha resolución de
1.920 x 1.080 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 64 bits e 8 núcleos,
3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD), cámara traseira de 20,7 MpÃxeles con sensor Exmor RS e gravación de
vÃdeo 4K, cámara frontal de 5,1 MpÃxeles e grande angular, baterÃa de 2.930 mAh
e un grosor de só 6,9 milÃmetros. Funcionará con Android 5.0 e conservará o caracterÃstico
marco de metal e a resistencia ao po e á auga propia da súa gama de terminais.