Sony entrará no mercado dos tablets
martes, 26 de abril do 2011- O S1 será un tablet con pantalla de 9,4 polgadas e Android 3.0
Parece confirmarse
que 2011 será o ano no que chegue finalmente a competencia no mundo dos
tablets, e pese a que o Motorola XOOM estea a pasar case desapercibido e o
PlayBook de RIM estea a recibir moi malas crÃticas, Sony atrévese a entrar e
presenta os seus dispositivos S1 e S2, que funcionarán con Android 3.0 e
chegarán ao mercado no outono.
O Sony S1 será un tablet con pantalla de 9,4 polgadas, orientado para a
visualización de páxinas web e o consumo de contidos multimedia (conta con
tecnoloxÃa Tegra 2), mentres que o Sony S2 ten 2 pantallas de 5,5 polgadas
cunha resolución de 1.024 x 480 pÃxeles, e pode dobrarse para facilitar o seu
transporte. O S1 contará con cámaras frontal e traseira, mentres que o S2 só
terá unha cámara. Estes produtos da liña Sony
Tablet teñen Wi-Fi e conectividade 3G/4G, e contarán con distintos servizos
en rede subministrados por Sony para tirar proveito do seu potencial e
diferenciarse da competencia.
AÃnda que na presentación oficial de Sony non deron prezos para os novos
produtos, dende Engadget aseguran que os
seus prezos poderÃan ser de 599 e 699 dólares para o S1 e S2 respectivamente.
- O S2 opta por un formato de cuncha en pantallas de 5,5 polgadas