Sony está a probar televisores dual-view

mércores, 23 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Sony vén de demostrar unha nova tecnoloxía que permite ver diferentes imaxes nun televisor dependendo da posición do espectador, chamada dual-view, e que podería empregarse para partidas multixogador na consola de videoxogos sen ter que empregar a técnica da pantalla partida e incluso para ver dúas canles de televisión ao mesmo tempo (aínda que un dos televidentes debería empregar auriculares, agás que esta tecnoloxía poida integrarse no futuro con sistemas de son direccional).
Ata o momento esta tecnoloxía está moi inmatura e sería unha derivación do sistema empregado polas pantallas autoestereoscópicas, que en vez de optar polas 3D aposta polo aproveitamento do televisor entre 2 persoas á vez para un consumo audiovisual personalizado que podería mudar drasticamente o xeito de ver a televisión no futuro.

PUBLICIDADE