Sony estrea un SDK preliminar dos seus lentes de realidade aumentada
venres, 19 de setembro do 2014
Google non é a única compañÃa
importante que está a desenvolver tecnoloxÃa de lentes, e a proposta de Sony,
as SmartEyeglass,
preséntanse como unha proposta bastante diferente, por adoptar a forma duns
lentes completos nos que se sobreimprime información como texto, sÃmbolos e
imaxes a xeito de ferramenta de realidade aumentada, obténdose a información
dun smartphone con Android 4.1 ou superior (para certas prestacións precisa de
Android 4.3 como mÃnimo).
As Sony SmartEyeglass integran un sensor de imaxe CMOS, acelerómetro,
xiroscopio, compás dixital, sensor de brillo e micrófono, proxecta imaxes
monocromo para conseguir un consumo reducido (contando tamén cun potente brillo
para facilitar que poida empregarse en exteriores) e os seus usos poderÃan ser
moi diversos, como facer de navegador durante os nosos paseos, axudante de
cociña (detallando unha receita sen que deixemos de ter as mans libres ou
incluso obtendo información adicional mentres vemos un encontro deportivo.
Pero o potencial deste tipo de tecnoloxÃa dependerá máis dos desenvolvedores de
software que do propio hardware que a sostén, e para iso Sony vén
de lanzar hoxe mesmo un SDK prelimitar para as súas SmartEyeglass, que
permitirá que comecen a facerse realidade as ideas que poidan querer aproveitar
esta tecnoloxÃa.
Estes lentes binoculares teñen unha resolución de só 419 x 138 pÃxeles en
monocromo (verde) con 8 bits de profundidade de cor, un brillo de 1.000 cd/m2,
cámara capaz de tomar fotografÃas de 3 MpÃxeles e gravar vÃdeo VGA, altofalante
no seu controlador, conectividade Wi-Fi N e Bluetooth 3.0, e un peso de 77
gramos (os lentes) e 44 gramos (o controlador).
VÃdeo de presentación do novo SDK para SmartEyeglass