Sony podería estar a preparar un smartphone para competir co Moto G

venres, 23 de maio do 2014 Marcus Fernández

O Xperia M2 sería un dos smartphones máis semellantes ao terminal do que se filtraron as especificacións

Parece que Sony non quere permanecer á marxe do segmento de smartphones de gama media con prezos altamente competitivos, dos que actualmente o máximo expoñente é o Moto G, e podería estar a preparar un móbil na mesma liña segundo unha serie de especificacións que se filtraron a través da Internet e que corresponderían a un móbil que responde á referencia D2403.
Este novo smartphone tería unha pantalla de 4,4 polgadas cunha resolución de 540 x 960 píxeles, polo que podería verse como unha versión compacta do Sony Xperia M2, que conta cun procesador Qualcomm de catro núcleos a 1,2 GHz con gráfica Adreno 305, 1 Gb de RAM e cámaras de 0,3 e 8 Mpíxeles. Ao parecer funcionaría con Android 4.4.2 e tería 16 Gb de almacenamento interno, polo que sería un digno aspirante para competir como mínimo co Moto E, dependendo a súa aceptación comercial principalmente do prezo polo que Sony decida achegalo ao mercado.

PUBLICIDADE