Sony poderÃa presentar esta semana unha cámara compacta con sensor full frame
luns, 10 de setembro do 2012
Unha páxina web canadense vén de publicar unha imaxe filtrada dunha nova
cámara dixital de Sony que nos colle totalmente por sorpresa, pois a Sony
RX1 serÃa unha compacta que contarÃa co mesmo sensor CMOS de formato completo
da Sony A99 (24,3 MpÃxeles), ou sexa, que achegarÃa a calidade dunha réflex
dixital a unha cámara moito máis pequena e manexable, aÃnda que inicialmente
esta innovación estarÃa ao alcance de só uns poucos, pois espérase que teña un prezo
de venda de 2.799 dólares (2.190 euros).
Esta nova cámara compacta de Sony vén cunha óptica fixa Carl Zeiss Sonnar de 35
mm e apertura f/2.0, e conta con flash e zapata para accesorios. Un produto que
poderÃa indicar o camiño a seguir por moitas cámaras nos vindeiros meses, e que
poderÃa ser especialmente atractiva de poder contar con obxectivos
intercambiables en futuros modelos.