Sony poderÃa ter suspendido a produción de PS VR2 polas baixas vendas
luns, 18 de marzo do 2024
Que se anunciase que PlayStation VR2 estaba a preparar a compatibilidade con ordenadores para poder tirar un maior proveito do casco de realidade virtual de Sony daba a entender que, como xa aconteceu coa PlayStation VR orixinal, as vendas non estaban a resultar boas.
Esta impresión vén de confirmarse por Bloomberg, medio que asegura que Sony tivo que suspender a produción de PlayStation VR2 mentres non se desfai das existencias actuais, pois non parece haber moitos usuarios dispostos a pagar 599,99 euros por un dispositivo para o que apenas hai contidos, á vez que para os estudios de videoxogos non resulta rendible producir xogos e experiencias que logo poden consumir moi poucos usuarios.
Dende Bloomberg comentan que as vendas de PS VR2 non paran de reducirse, cun resultado especialmente malo a pasada campaña de Nadal (en contraste co que acontece coas Meta Quest, que están a medrar en vendas considerablemente), estimándose que Sony terÃa producido máis de 2 millóns de unidades dende o lanzamento do produto en febreiro do ano pasado (polo que incluso se vendesen todas as existencias actuais no chegarÃan nin ao 3,8% das PS5 que hai no mercado), quedando moi lonxe do parque de visores de VR da competencia (que no caso de Meta serÃa máis de 10 veces superior).
- Os datos de IDC amosan a caÃda de vendas de PS VR2 mentres Meta Quest disparou as súas vendas na campaña de Nadal