Sony presenta novos auriculares sen fÃos con cancelación de ruÃdo
martes, 4 de abril do 2023
Sony vén
de presentar os seus novos auriculares sen fÃos con cancelación de ruÃdo, son
confortable, axuste firme e son inmersivo, os WF-C700N, que destacan
especialmente por contar con prestacións avanzadas a un prezo relativamente
contido: está previsto que cheguen ás tendas o 14 de abril a un prezo de 129,99
euros.
O deseño dos auriculares WF-C700N aposta pola ergonomÃa, para que poidan usarse
durante todo o dÃa, gozando de son en alta calidade (grazas á tecnoloxÃa DSEE e
ao controlador exclusivo de Sony) e de chamadas fiables grazas a un micrófono
integrado de alta calidade e a unha estrutura de redución de ruÃdo contra o
vento.
A tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo permite escoitar música eliminando o ruÃdo
de fondo, o que pode alternarse co modo de son de ambiente (que transmite os
sons que hai ao redor sen ter que quitar os auriculares). Grazas á aplicación dos
auriculares é posible estar escoitando música illándose do ruÃdo do contorno,
por exemplo, nunha cafeterÃa, e se falamos para pedir algo, tirar proveito da
función de Enfoque de Voz para poder conversar sen quitar os auriculares. Tamén
é posible empregar o son adaptativo, para que os auriculares recoñezan os
lugares que máis visitamos para empregar a configuración que máis encaixe con
cada situación.
Os auriculares conta con conectividade multipunto (ou sexa, poden conectarse a
dous dispositivos á vez, de xeito que se estamos escoitando o son do ordenador
e chega unha chamada ao móbil, podemos atendela sen problema); son compatibles
con asistentes de voz; contan con resistencia IPX4 (soportan salpicaduras e a
suor); e a súa baterÃa dura até 10 horas (7,5 horas coa cancelación de ruÃdo
activada) de reprodución continua ou até 5 horas de chamadas.
VÃdeo promocional dos auriculares WF-C700N