Sony presenta o primeiro smartphone capaz de gravar e amosar vÃdeo en 4K con HDR
luns, 16 de abril do 2018
Por se non era dabondo cos smartphones
Sony Xperia XZ2 e XZ2 Compact, chega agora o Sony
Xperia XZ2 Premium, un teléfono de Sony Mobile que continúa a avanzar na
mesma dirección, apostando por unha das cámaras máis rechamantes nun smartphone
especialmente no que se refire a sensibilidade, xa que presume dunha
sensibilidade de 12.800 ISO para gravación de vÃdeo e sensibilidade 51.200 ISO
para fotografÃas, conseguindo unha captación de luz que antes só podÃa
conseguirse con cámaras con obxectivos intercambiables.
Este smartphone serÃa o primeiro do mercado en contar cunha cámara Motion Eye
Dual, que consiste nun sensor de branco e negro de 12 MpÃxeles para capturar un
contraste nÃtido e un sensor de imaxe en cor de 19 MpÃxeles para colorear a
imaxe obtida, de xeito que conséguense fotografÃas e vÃdeo de grande nivel de
detalle e, no caso do vÃdeo, tamén chama a atención que sexa capaz de gravar
vÃdeo 4K con HDR. Tamén conta cun modo de cámara superlenta a 960 cadros por
segundo en HD e Full HD. A cámara frontal é duns xenerosos 13 MpÃxeles.
O Sony Xperia XZ2 Premium ten unha pantalla de 5,8 polgadas 4K con HDR, que é
un 11% máis grande e un 30% máis brillante que a anterior pantalla 4K con HDR
de Sony, converténdose asà no único smartphone do mercado capaz de crear e presentar
contido 4K con HDR.
Este teléfono está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 845 cun modem
LTE X20 capaz de conseguir conexións con velocidades de até 1,2 Gbps. Para dar
máis de si tamén conta con 6 GB de RAM. A súa baterÃa de 3.540 mAh inclúe
tecnoloxÃa de carga adaptativa para mellorar a saúde da baterÃa, e tamén
soporte carga indutiva. Chegará ás tendas no verán con 64 GB de memoria interna
ampliable mediante tarxetas de memoria de até 400 GB.