Sony presenta os seus televisores MASTER Series

martes, 8 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Os novos televisores de Sony chegan até as 98 polgadas

Sony achegou ao CES de Las Vegas dous dos seus novos televisores, o novo MASTER Series Z9G 8K LCD e o A9G 4K OLED, que presentan calidades de imaxe propias dos monitores profesionais, e que incluso sorprenden asegurando que os televisores da familia MASTER contan cun modo de calibración Netflix e IMAX Enhanced, o que significaría que os contidos entregaríanse como foron ideados.
Outro detalle significativos destes novos televisores baseados en Android TV é que, aparte de integrar ao Asistente de Google, tamén ábrese a AirPlay 2 e HomeKit, deixando clara a intención de Apple de colaborar cos fabricantes de electrónica de consumo para facilitar o acceso ao seu ecosistema de contidos.
O televisor MASTER Series Z9G chega en tamaños de 97,5 e 84,6 polgadas, con panel LED e resolución 8K, que grazas ao uso de HDMI 2.1 pode recibir sinais 8K a través dun único cable. Como xa comentamos, está preparado para que os contidos de Netflix ou os que conten con selo IMAX Enhanced poidan verse como foron concibidos (respondendo ás protestas de moitos creadores que ven como supostas optimizacións do procesado dos televisores estraga a experiencia audiovisual) e tamén conta con Dolby Vision e Dolby Atmos.
Sen apostar por tamaños tan xenerosos, o televisor MASTER Series A9G contará con versións de 76,7, 64,5 e 54,6 polgadas cun panel OLED e resolución 4K, que probablemente sexa unha das opcións máis atractivas do mercado, especialmente para a reprodución de contidos 4K con HDR, nos que os paneis OLED ofrecen unha experiencia magnífica. Tamén conta coa mencionada calibración para IMAX e contidos IMAX Enhanced, inclúen Dolby Vision e Dolby Atmos.
En primavera Sony dará detalles sobre as datas de lanzamento e os prezos que terán estes prometedores televisores.

PUBLICIDADE