Sony presenta un proxector de vídeo de tiro ultra-curto

mércores, 20 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

A familia de produtos Life Space UX de Sony, que busca revolucionar a electrónica de consumo dirixida ao fogar, está a sorprender proxector portátil LSPX-P1, trebello que sairá á venda no Xapón o 13 de febreiro a un prezo de 93.000 iens (730,73 euros) achega un dispositivo de 81 x 131 x 131 milímetros, 930 gramos de peso e 2 horas de autonomía, capaz de proxectar unha imaxe de entre 22 e 80 polgadas e 100 lumenes a unha distancia moi reducida.
Este novo trebello conta con entrada HDMI, pero tamén pode proxectar contidos dun smartphone que esta a curta distancia (comunicándose mediante Bluetooth 4.0) e incluso conta con accesorios como un pé que disfraza o proxector dun elemento do noso mobiliario, para telo no fogar dun xeito discreto.
O bo de estarmos ante un proxector de tiro ultra-curto é que a 28 centímetros dunha superficie xa poderiamos proxectar unha imaxe de 80 polgadas, mentres que pegando o propio proxector a unha superficie xa nos permitiría crear na mesma unha pantalla de 22 polgadas. Deste xeito temos que este pequeno proxector incluso permitiría empregar o chan ou unha mesa como unha pantalla na que presentar imaxes dun móbil ou outra fonte de vídeo, o que poder resultar moi práctico tanto en contornos domésticos como para certos usos profesionais, ao que tamén contribúe o feito de que o proxector integre batería recargable.
Dende Sony tamén destacan que o proxector integra un altofalante con xLOUD, que permite un son potente e de calidade cun altofalante de dimensións moi reducidas.

Vídeo promocional do novo proxector de tiro ultra-curto de Sony

PUBLICIDADE