Sony presenta unha nova cámara compacta que grava vÃdeo en alta definición
xoves, 28 de agosto do 2008
Coa feira IFA de Berlin
chéganos a nova cámara Sony
CyberShot DSC-T500, que inclúe un sensor de 10,1 MpÃxeles, zoom
óptico de 5 aumentos, estabilizador de imaxes SteadyShot, sensibilidade de ta
3.200 ISO, pantalla de 3,5 polgadas e a posibilidade de gravar vÃdeo a 1.280 x
720 a 30 fotogramas por segundo en formato MPEG-4 AVC/H.264, que aÃnda que non
é Full HD, é unha interesante achega á alta definición de 720 liñas en
progresivo.
As gravacións (de ata 10 minutos de duración por clip, almacenando ata 60
minutos de vÃdeo nunha Memory Stick de 4 Gb) poderán levarse a un ordenador ou
visualizar directamente nun televisor ou pantalla que conte con conexión HDMI.
Esta nova cámara chegará ao mercado en outubro e o
seu prezo de venda será duns 399 dólares.