Sony vendeu 7,1 millóns de PlayStation 5 no último trimestre
xoves, 2 de febreiro do 2023
Os
resultados económicos de Sony para o último trimestre de 2022 recollen uns datos
moi positivos para as vendas da PlayStation 5, consola que nos dous últimos
anos non conseguÃa fabricarse en cantidades suficientes para satisfacer a
demanda, polo que rexistraba unhas vendas moi inferiores ao desexado, pero finalmente
imos camiño dunha normalización das existencia da PS5, e nos tres últimos meses
terÃa vendido 7,1 millóns de unidades, cando no mesmo perÃodo de 2021 as vendas
quedaran en 3,9 millóns.
Grazas a este incremento das vendas xa podemos falar dun parque de máis de 32,1
millóns de consolas PlayStation 5 a nivel mundial, e todo apunta a que Sony
superará sen problema os 19 millóns de consolas que tiña previsto vender no
presente ano fiscal (que remata en marzo).
Sony tamén pode presumir de 46,4 millóns de subscritores de PlayStation Plus (o
que supón unha fonte de ingresos constante) e, grazas a que por fin hai un parque
aceptable de consolas, os xogos para PS4 e PS5 tamén melloran considerablemente
as súas vendas, cun total de 86,5 millóns de videoxogos, dos que 20,8
corresponderÃan a tÃtulo da propia Sony. É interesante destacar que o 62% das
vendas corresponderÃan a xogos en formato descargable, deixando caer que as
consolas avanzan con forza polo mesmo camiño que xa percorreu o PC cos seus
xogos, facendo que os xogos en soporte fÃsico pasen a ser algo anecdótico (como
podemos constatar con moitos xogos que ao abrir a súa caixa en vez de atopar un
disco temos un código de descarga).