Spider-Man: El Reino de las Sombras ponse á venda en España
venres, 24 de outubro do 2008- Spider-Man: El Reino de las Sombras sae para todas as plataformas de xogo actuais
As tendas
españolas de videoxogos reciben hoxe para Xbox 360, PS3, PS2, PSP, PC, Nintendo
DS e Wii o xogo Spider-Man: El Reino de las Sombras,
no que temos que manexar ao lanzarredes máis popular de New York para defender
a cidade dunha invasión de simbiontes alienÃxenas, convertendo as rúas nunha
zona de guerra na que non faltan outros heroes (coma Lobezno, a Gata Negra ou
Power Man) e viláns (o Green Goblin, Veneno, o Voitre…).
- Spider-Man enfrontándose ao Voitre no novo xogo de Activision
O xogo ofrece un sistema de combate único no universo de Spider-Man (que
acumula unha chea de videoxogos decepcionantes, especialmente nas súas
adaptacións cinematográficas) chegando a combinar acción frenética con efectos
visuais espectaculares á vez que se desenvolve un interesante argumento no que
se dá liberdade de acción ao xogador, que pode tender ao ben ou ao mal.
Spider-Man pode aparecer tanto co seu tradicional traxe vermello e azul coma co
seu traxe negro, e deberá superar distintos retos distribuÃdos pola cidade, que
estará envolta en todo un panorama de destrución.
Como exemplo da boa acollida que parece estar a ter este xogo podemos comentar
que nalgunhas cadeas de venda de videoxogos xa se atopa esgotada algunhas das
versións do mesmo por mor das masivas reservas realizadas por xogadores
ansiosos con enfundarse no traxe do trepamuros máis popular do mundo do cómic.