Splatoon 3 sae á venda

venres, 9 de setembro do 2022 Marcus Fernández

Hoxe chegou ás tendas un dos xogos máis importantes do ano para Nintendo, Splatoon 3, un shooter para Nintendo Switch que consegue adaptarse a todos os públicos aos substituír as armas de fogo por armas de tinta, que conta cunha estética moi característica e unha xogabilidade o suficientemente boa como para converterse nun imprescindible para os xogadores de Switch que gusten dos títulos competitivos.
Splatoon 3 conta con varios modos de xogo, destacando a posibilidade de organizar combates privados (tamén a través da comunicación local). Pero o xogo non se limitará aos modos competitivos en liña, senón que tamén conta cun modo historia, un modo cooperativo (Salmon Run) e incluso un modo no que hai que coleccionar naipes para logo poder xogar con eles.
Estamos a un xogo que basicamente limítase a continuar o camiño marcados polas súas anteriores entregas, mellorando detalles, polo que é un éxito garantido para Nintendo.

Tráiler de Splatoon 3

PUBLICIDADE