Splinter Cell: Conviction estrea demo para Xbox 360
xoves, 18 de marzo do 2010
Os usuarios da Xbox 360 que teñan contas Gold de Xbox LIVE estarán
encantados de recibir hoxe, xusto antes dunha ponte festiva, a versión de demostración do xogo Splinter
Cell: Conviction, que vén
de incorporarse para a súa descarga no Bazar de Xbox LIVE, de xeito que os
seguidores de Sam Fisher poderán continuar as súas aventuras, nesta ocasión na
procura dunhas armas rusas de destrución masiva roubadas en Washington D.C.,
onde deberá traballar cos seus antigos compañeiros da axencia Third Echelon.
Este tÃtulo que combina acción e sixilo chegará
a PC e Xbox 360 o 15 de abril, pero os usuarios da consola de Microsoft
poden gozar xa da demo, que permite probar o modo individual de xogo (que
destaca polo seu sólido guión), mentres que a versión final contará con novos
modos multixogador que aumentan a intensidade dramática, e incluso contará
cunha campaña cooperativa con función de pantalla partida, o que agradecerán
especialmente os que non gusten do xogo en liña e prefiran un contacto máis
directo con outros xogadores.