Spotify Premium estrea radio infinita

xoves, 18 de outubro do 2018 Marcus Fernández

O servizo de streaming musical Spotify non só ten como vantaxes para os seus subscritores de pagamento o poder escoitar temas con total liberdade e fóra de liña, senón que tamén conta con funcionalidades adicionais ás que a partires de hoxe incorporaranse a navegación coordinada, a busca personalizada e a radio de artista sen fin.
Coa navegación coordinada farase máis doado atopar o que se busca, xa que os subscritores non só poderán recibir recomendacións no Inicio, senón que tamén poderán descubrir cousas novas no buscador e acceder dende a súa biblioteca a cancións, artistas, listaxes de reprodución e podcasts.
A busca personalizada é un redeseño da páxina de busca, de xeito que na parte superior da pantalla os usuarios poden atopar os seus xéneros preferidos e tamén descubrir música que se axuste aos seus gustos e estado de ánimo.
Pero a novidade máis importante é a radio de artista sen fin, que permite aos usuarios Premium de Spotify poder seleccionar o seu artista favorito para escoitar música que se axuste a tal estilo, listaxe de reprodución que adaptarase aos gustos do usuario, que actualizaranse regularmente e que tamén poderán descargarse para a súa reprodución fóra de liña.

PUBLICIDADE