Spotify constata o crecemento do consumo de podcasts en España
venres, 4 de outubro do 2024
Spotify vén de celebrar o seu primeiro evento en España dedicado ao mundo do podcasting, Next in Podcast, organizado en colaboración con PRISA Audio, contando coa participación de distintos creadores e presentado pola galega Carolina Iglesias do podcast Estirando el chicle e do programa de radio Ni tan bien.
O encontro contou con diversas mesas redondas nas que se debateu sobre as novas formas de consumir a actualidade, o impacto dos podcasts nas estratexias de marca e os modelos de negocio do podcasting, completando a xornada cun crossover entre os podcast La Ruina e Estirando el chicle.
A ocasión serviu para que Spotify publicase novos datos sobre o consumo de podcasting en España, salientando un crecemento superior ao 30% e con 1 de cada 3 usuarios de Spotify escoitando podcasts, quedando España como un dos 5 primeiros paÃses europeos en usuarios activos e horas de escoita. Tamén salientan que os podcasts creados en España incrementaron a súa audiencia en máis do 40%.
Spotify tamén constata o feito de que o videopodcast é o formato estrela, cun crecemento superior ao 70% no último ano, destacando que 9 de cada 10 usuarios os ve en primeiro plano, converténdose España no segundo paÃs de Europa en velocidade de crecemento deste formato.
- Algúns dos datos publicados por Spotify sobre o podcasting en España