Spotify engade melloras para os usuarios que acceden de balde ao servizo musical
luns, 15 de setembro do 2025
Spotify anunciou a nivel mundial novas funcións para mellorar a súa experiencia de balde, a porta de entrada da meirande parte dos usuarios. As novidades inclúen a posibilidade de reproducir directamente calquera canción buscada, compartir e escoitar temas enviados por amigos ou artistas en redes sociais, e personalizar as portadas das listaxes de reprodución creadas polos propios usuarios.
A compañÃa sueca subliña que estas actualizacións buscan facilitar o descubrimento musical e reforzar a conexión entre artistas e seguidores. Entre as prestacións destacan Pick & Play e Search & Play, que permiten escoller e reproducir cancións ao instante, asà como Share & Play, co que é posible acceder a un tema compartido cun só toque.
As listaxes de reprodución manteñen un papel central. O servizo ofrece recomendacións automáticas en función das preferencias de cada usuario, ademais de reforzar as súas propostas personalizadas como Discover Weekly e Release Radar. A isto engádese daylist, unha lista dinámica que se actualiza segundo a hora do dÃa ou o dÃa da semana, dispoñible tamén para quen emprega a versión gratuÃta.
Outra das novidades é a opción de personalizar a imaxe de portada das listaxes de reprodución, dispoñible xa en 128 mercados. A ferramenta permite incorporar cores, textos e elementos gráficos adaptados ao estilo de cada listaxe, tanto en iOS como en Android.
Ademais, Spotify aposta por reforzar a interacción coas letras das cancións, que se poden seguir en tempo real na aplicación e compartir directamente en redes sociais como Instagram ou WhatsApp.

- Spotify mellora as interaccións coas letras das cancións
