Spotify estrea un sistema de mensaxerÃa para compartir contidos
martes, 26 de agosto do 2025
Spotify anuncia o lanzamento de Messages, unha nova función dentro da súa aplicación que permitirá compartir contidos musicais, podcasts e audiolibros cun cÃrculo próximo de amigos e familiares dun xeito máis directo.
A nova ferramenta, que comeza a despregarse esta semana para usuarios maiores de 16 anos con plans gratuÃtos e de pagamento nalgúns mercados, centraliza nun único lugar o contido de Spotify que xa se compartÃa a través de múltiples canles. Messages busca facilitar tanto a conversa arredor da música, podcasts ou libros, como a difusión de novos artistas, autores e creadores.
O funcionamento baséase en conversas privadas nas que se pode enviar contido de Spotify acompañado de texto e emoticonas. Para iniciar un chat, abonda con tocar o botón de compartir na vista de reprodución e seleccionar o destinatario. O acceso realÃzase a través da foto de perfil, situada na esquina superior esquerda da aplicación. Ademais, Spotify suxire contactos cos que xa houbo interacción previa, como listas colaborativas, Blends ou Jams, asà como membros dun plan Familiar ou Duo.
A compañÃa recalca que esta opción non substitúe as integracións con Instagram, Facebook, WhatsApp, TikTok ou Snapchat, senón que pretende complementalas. Do mesmo xeito, insiste en que os usuarios manteñen o control: poden aceptar ou rexeitar solicitudes, bloquear contactos, denunciar mensaxes ou desactivar a función desde o apartado de axustes. Para garantir a seguridade, as conversas están protexidas con cifrado estándar tanto en tránsito coma en repouso, e a plataforma aplicará tecnoloxÃas de detección proactiva para frear contido ilÃcito ou prexudicial, combinado coa revisión dos moderadores en caso de denuncias.
Spotify avanza que esta é só a primeira fase dun desenvolvemento que continuará ampliándose e perfeccionándose nos vindeiros meses a nivel global.

- Asà é o novo proceso para compartir contido en Spotify
