Spotify inicia a transcrición automática de podcasts
xoves, 28 de setembro do 2023
Ao
estrear a dobraxe
de podcast mediante IA en Spotify puidemos ver como os episodios afectados
incluÃan transcrición a texto do contido, algo que poderÃa parecer trivial, xa
que para poder realizar a tradución é preciso recoñecer o que se di nos
podcasts, e conscientes da utilidade de tal función anuncian
a estrea de transcricións automáticas e sincronizadas para máis creadores e
podcasts, o que supón unha clara mellora de accesibilidade, á vez que tamén
fai máis doado localizar momentos dun podcasts, xa que premendo sobre un fragmento
de texto podemos mover a reprodución a tal punto.
AÃnda que agora xa podemos atopar bastantes podcasts coa opción de transcrición
activa, Spotify anuncia que nas vindeiras semanas levarán as transcricións a
millóns de episodios listados no seu servizo, adiantando que no futuro tamén
pretenden incorporar a posibilidade de incluÃr contidos multimedia nas transcricións,
como unha forma de engadir unha maior profundidade aos podcasts que consumamos.
Os capÃtulos dentro dos podcasts tamén pasan a estar dispoñibles globalmente,
de xeito que será máis doado moverse entre seccións e temas tratados dentro dos
podcasts.
Tamén están a mellorar as páxinas nas que se presentan os podcasts, para
presentar máis información e que asà os usuarios poidan saber máis antes de lanzarse
a escoitar un podcast completo.
- Actualmente xa hai podcasts en Spotify transcritos automaticamente, pero nas vindeiras semanas tal funcionalidade chegará á meirande parte dos episodios publicados