Spotify ofrecerá reprodución musical sen perda
mércores, 10 de setembro do 2025
Levamos anos co ruxerruxe de que Spotify Ãa ofrecer aos seus subscritores de pagamento a posibilidade de gozar de audio sen perda, como un incentivo máis para pagar polo servizo, e finalmente a compañÃa sueca anunciou a estrea de tal opción, que se está a implementar en máis de 50 mercados, entre eles Australia, Austria, Xapón, Alemaña, Estados Unidos e Reino Unido, e que seguirá estendéndose ao longo do mes de outubro.
Segundo explicou Gustav Gyllenhammar, vicepresidente de Subscricións en Spotify, o lanzamento desta caracterÃstica foi deseñado poñendo o foco «na calidade, a facilidade de uso e a claridade en cada paso, para que sempre saibas o que acontece baixo o capó». O executivo destacou que esta mellora responde a unha das peticións máis recorrentes dos usuarios e reforza o valor engadido da modalidade de pagamento.
A reprodución sen perdas permite acceder a cancións en formato FLAC de ata 24 bits/44,1 kHz, o que desbloquea un nivel de detalle superior tanto en novos lanzamentos como en clásicos do catálogo. A opción está dispoñible en móbiles, ordenadores e tabletas, asà como en dispositivos compatibles con Spotify Connect de marcas como Sony, Bose, Samsung ou Sennheiser, aos que se sumarán proximamente Sonos e Amazon.
Cada usuario pode personalizar a configuración segundo a conexión empregada (Wi-Fi, datos móbiles ou descargas) e escoller entre diferentes niveis de calidade, incluÃdo agora o novo modo sen perda. A activación debe facerse manualmente en cada dispositivo, e un indicador na pantalla de reprodución confirmará cando está en uso. A compañÃa recomenda escoitar mediante auriculares ou altofalantes con conexión por cable para unha experiencia plena, xa que o Bluetooth non dispón de largo de banda suficiente para transmitir este tipo de sinal.

- Activar a reprodución musical sen perda en Spotify será doado
