Spotify permite os podcasts de pagamento
mércores, 9 de agosto do 2023
A colaboración
entre Spotify e Patreon vén de concretarse e xa
é posible escoitar a través de Spotify contido sonoro reservado a subscritores
de pagamento, o que resulta especialmente atractivo para podcasteiros, que
teñen un xeito máis de achegar material exclusivo aos seareiros que os apoian
economicamente.
Normalmente este tipo de subscricións de pagamento a podcasts realÃzanse a
través de fluxos RSS privados, pero esta opción non estaba dispoñible para
Spotify, xa que a plataforma non reproduce contidos publicados na Rede, senón
que os carga no seu sistema para servirllos aos usuarios a través dos seus propios
servidores.
Cómpre salientar que Spotify non leva ningunha comisión das subscricións
realizadas a través de Patreon, polo que estamos ante unha solución moi
atractiva para os creadores xa afeitos a contar con plataformas de mecenado.