Spotify permitirá crear audiolibros de xeito automático
xoves, 21 de maio do 2026
Spotify anunciou unha nova vaga de actualizacións para o seu ecosistema de libros e audiolibros, cunha especial atención ás ferramentas para autores independentes a través de Spotify for Authors. As novidades presentadas durante o Investor Day 2026 inclúen a ampliación lingüÃstica da plataforma, novas opcións de creación de audiolibros e melloras orientadas á descuberta de contidos.
Spotify for Authors amplÃa o seu soporte a dez novos idiomas: francés, francés canadense, alemán, neerlandés, español latinoamericano, sueco, finés, islandés, danés e noruegués. Esta expansión permite que máis escritores poidan acceder ás ferramentas de publicación e ás métricas de audiencia da plataforma no seu propio idioma.
A principal novidade para os autores chegará en xuño coa beta pechada de Audiobook Creation Tools, un conxunto de ferramentas integradas directamente en Spotify for Authors que facilitarán a creación de versións en audio de libros autopublicados. A tecnoloxÃa empregada baséase nas voces dixitais de ElevenLabs, permitindo xerar audiolibros e publicalos en Spotify sen necesidade de contratos de exclusividade. Nun primeiro momento, esta funcionalidade estará dispoñible unicamente en inglés e en determinados mercados.
As novas ferramentas encaixan coa estratexia de Spotify de converterse nunha plataforma multiplataforma de contidos de entretemento e lectura. Desde a chegada dos audiolibros ao servizo en 2022, o catálogo medrou ata superar os 700.000 tÃtulos e xa está presente en 22 mercados.
Os datos compartidos pola compañÃa apuntan a un forte crecemento do consumo de audiolibros. As horas de escoita incrementáronse un 60 % interanual, mentres que preto da metade dos usuarios deste formato comezaron a utilizalo durante o último ano, moitos deles descubrindo os audiolibros por primeira vez a través de Spotify.
Tamén continúa evolucionando Audiobooks+, a modalidade de subscrición adicional para audiolibros. Durante o verán incorporaranse novos plans con máis horas de reprodución para os usuarios máis intensivos, mentres que máis adiante chegarán modalidades familiares e para estudantes. A plataforma xa conta con arredor dun millón de subscritores nesta modalidade, que aspira a alcanzar os 100 millóns de dólares anuais en ingresos recorrentes.
Spotify tamén está a reforzar as opcións de descuberta de libros. Os usuarios poderán realizar consultas para atopar tÃtulos relacionados cun autor ou temática concreta, mentres que a ferramenta Prompted Playlist, actualmente en beta para música e podcasts, tamén chegará aos audiolibros. Esta función xera recomendacións personalizadas en función dos hábitos de consumo e das peticións formuladas polo usuario.
Outra das funcións destacadas é Page Match, que sincroniza a lectura dun libro impreso ou electrónico coa súa versión en audio dentro de Spotify. Segundo os datos compartidos, os usuarios que empregan esta función incrementan ata un 55 % o seu consumo ao longo dun mes e rematan os libros ao dobre de velocidade.
