Spotify prepara un plan de pagamento con maior calidade sonora

martes, 20 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Nos últimos tempos os principais servizos de música en streaming incorporaron a súa oferta a opción de gozar de música de máis calidade, quedando atrás Spotify, que por fin parece reaccionar, e dende Bloomberg apuntan que están a ultimar un novo plan de pagamento que incluirá audio de alta fidelidade.
Lembremos que actualmente Spotify conta con plan de balde con publicidade, un plan individual por 9,99 euros/mes (4,99 euros/mes para estudantes) e logo os plans para varios usuarios (Duo e Familiar), aos que incorporaríase antes de rematar o ano un novo plan máis caro, que non só incluiría música en maior calidade, senón que tamén podería engadir certo nivel de acceso a audiolibros, para que se entenda como unha proposta de valor que vai máis aló dunha mellora de calidade que en moitos casos será un placebo, xa que os usuarios non escoitan a música en condicións que permitan diferenciar unha menor compresión do streaming.

PUBLICIDADE