Spotify proba función de karaoke
mércores, 29 de xuño do 2022
Spotify está a activar a numerosos usuarios unha nova
funcionalidade en probas que está a resultar moi ben recibida: o
karaoke. Estamos ante unha evolución da función coa que vemos as letras das
cancións sincronizadas, pero que agora, se prememos no botón de Cantar,
activa o micrófono para rexistrar a nosa voz e asÃ, ao remate da reprodución, darnos
unha puntuación sobre o axustado que estivo a nosa interpretación do tema
musical, como se estivésemos ante o xogo SingStar.
Polo momento hai bastantes usuarios en EE.UU. e Reino Unido que teñen activada
esta nova función, que estarÃa a activarse entre os usuarios que teñen a
aplicación actualizada á última versión, e confÃase en que remate chegando a
todos os usuarios nos vindeiros dÃas, aÃnda que dende a compañÃa non anunciaron
nada oficialmente (probablemente por estar aÃnda na fase de probas desta
prestación).