Spotify sube os seus prezos en setembro
luns, 4 de agosto do 2025
AÃnda que o servizo de streaming musical de Spotify mantivo as súas tarifas conxeladas en 9,99 euros/mes durante moitos anos, en 2023 fixo efectiva unha suba de prezos moi significativa por ousar a superar a barreira dos 10 euros/mes na súa tarifa Individual.
Durante un par de anos puidemos gozar dos plans Individual, Duo, Familiar e Estudantes por 10,99, 14,99, 17,99 e 5,99 euros/mes, pero agora anuncian unha actualización de prezos que se fará efectiva en setembro, e que supón un cambio moito máis significativo, de xeito que os prezos quedarÃan en 11,99, 16,99, 20,99 e 6,49 euros/mes respectivamente.
Esta nova suba de prezo chega dun xeito bastante sorprendente porque non vén acompañado con melloras no servizo e, moi especialmente, porque competidores como Apple Music, YouTube Music Premium ou Tidal manteñen a súa tarifa individual en 10,99 euros e, en varios dos casos, con opcións de música envolvente e/ou música sen compresión, facendo quedar a Spotify como unha opción cunha peor relación entre prestacións e prezo.
Por desgraza para os consumidores, é bastante probable que tras facerse efectiva a suba de prezos de Spotify o resto de compañÃas sigan os seus pasos, e os 11,99 euros/mes pase a ser a norma nos servizos de reprodución musical.

- Táboa coas novas tarifas de Spotify
