Star Wars Jedi: Survivor adÃa 6 semanas o seu lanzamento
martes, 31 de xaneiro do 2023
Pese a
que a páxina web oficial de Star Wars Jedi:
Survivor, secuela de Star Wars Jedi: Fallen Order, continúa a
dicir que o xogo chegará a PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5 o vindeiro 17 de
marzo, o xogo de Electronic Arts convértese nun dos primeiros do ano en adiar o
seu lanzamento, xa que veñen de anunciar dende Respawn Entertainment que, pese
a que a nova aventura de Cal Kestis está completa, precisa de máis tempo para
mellorar o seu rendemento e a súa estabilidade, asà como para corrixir algúns
fallos e, en definitiva, mellorar a experiencia de usuario.
Para poder garantir que Star Wars Jedi: Survivor cumpre cos estándares
de calidade de Respawn, decidiron adiar
o seu lanzamento 6 semanas, polo que a nova data de lanzamento global será
o 28 de abril.
Neste momento Star Wars Jedi: Fallen Order está dispoñible en Xbox Game
Pass Ultimate, PlayStation Plus e EA Play, polo que hai moitos xogadores que
están a introducirse nesta aventura, o que confÃase en que incremente
considerablemente o interese pola secuela, e probablemente unha espera un pouco
máis longa non prexudicará ao interese polo novo xogo.