Star Wars Squadron sairá á venda en outubro
luns, 15 de xuño do 2020
Historicamente
a franquÃa de Star Wars contou con varias marcas de xogos de combate espacial,
e Electronic Arts quere recuperar o xénero ao grande, con Star Wars Squadrons,
un tÃtulo que presentouse por todo o alto, estreando un tráiler, anunciando que
estará dispoñible o 2 de outubro e abrÃndose
o seu proceso de reservas en PC e Xbox
One (en breve tamén poderá reservarse para PS4).
O xogo promete unha experiencia auténtica de combate con cazas estelares en
primeira persoa, ofrecendo aos usuarios tanto unha historia para un xogador como
intensos enfrontamentos espaciais multixogador formando parte dun escuadrón de
5 membros que enfrontaranse a outro escuadrón de igual tamaño. Os combates
multixogador terán crossplay entre plataformas.
Star Wars Squadron permitirá participar en escaramuzas por toda a
galaxia do universo cinematográfico de George Lucas, de xeito que veremos
lugares coñecidos como o xigante gasoso Yavine Prime e a lúa esnaquizada de
Galitan, á vez que tamén pilotaremos cazas da Nova República e do Imperio como
os X-Wing e os TIE Fighters, que poderán modificarse.
Un detalle bastante importante das versións para PlayStation 4 e PC do xogo é
que serán compatibles con cascos de realidade virtual, polo que o xogo poderá
gozarse dun xeito especialmente inmersivo.
Tráiler de presentación do xogo