Disney parece ter atopado a fórmula do éxito ao coller o modelo de Skylanderse convertelo no xogo Disney Infinity, que o ano pasado renovouse para acoller aos superheroes da Marvel e agora, seguindo na mesma liña, anuncia unha nova iteración, Disney Infinity 3.0: Play Without Limits, que chegará no verán en versión para PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One, Wii U, PC, iOS e Android incorporando aos personaxes de Star Wars, xusto no ano no que a franquía volve aos cines.
O novo xogo contará con tres Play Sets de Star Wars: Twilight for the Republic, baseado nos tres primeiros episodios da franquía cinematográfica de George Lucas; Rise Against the Empire, baseado na triloxía orixinal; e, xa no inverno, un novo conxunto de figuras baseado na película Star Wars: El Despertar de la Fuerza.
En Twilight of the Republic poderase
encarnar a Anakin Skywalker, Ahsoka Tano (personaxe da serie de animación Las Guerras Clon), Obi-Wan Kenobi, Yoda
e Darth Maul, facenso uso da Forza e de espadas de luz en épicas batallas;
mentres que en Rise Against the Empire
poderase participar en misións galácticas con Luke Skywalker, a princesa Leia,
Han Solo, Chewbacca e Darth Vader.
Pero Disney Infinity 3.0 non vai
limitarse á franquía de Star Wars, e
tamén vai contar cun Play Set baseado
en Inside Out, a nova película de
Disney-Pixar, e outro do Universo Marvel, cos personaxes da última película dos
Vingadores (como serían Iron Man na súa versión Hulkbuster e o propio Ultrón). Os responsables do xogo tamén
confirman que as figuras de Sam Flynn e Quorra, do filme TRON, tamén estarán dispoñibles no lanzamento de Disney Infinity 3.0: Play Without Limits.
Trailer de presentación do xogo
