StarCraft II está a empregarse coma carnada para malware

mércores, 28 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Esta semana chegou ás tendas de videoxogos o agardado StarCraft II, pero moitos consumidores en vez de soltar os 59,90 euros que custa, optaron por recorrer a canles de distribución menos ortodoxas coma son a rede de intercambio de arquivos BitTorrent, o que podería ter consecuencias moi negativas para os seus equipos, pois detectouse unha propagación masiva de ficheiros que pretenden ser copias pirateadas do xogo de Blizzard, pero que resulta estar infectado por un malware que abre a porta de distintos códigos maliciosos ao ordenador vítima. Entre as infeccións detectadas estaría o ver me Rebhip.A, que é capaz de roubar información sensible do noso ordenador rexistrando as pulsacións no teclado, o que pode servir para facerse con contrasinais.
En verdade xa existen copias crackeadas do popular videoxogo, pero quen queira facerse con elas deberá extremar as precaucións para evitar que o seu ordenador remate infectado con códigos maliciosos que poden valerlle máis dun desgusto, que podería saír por moito máis de 60 euros.

PUBLICIDADE