StarCraft II vendeu 1,5 millóns de copias en 48 horas

mércores, 4 de agosto do 2010 Marcus Fernández

O mercado dos videoxogos para PC tivo unha intensa semana co lanzamento de StarCraft 2, a nova entrega dunha franquía de éxito que logrou colocar un millón de copias nas súas primeiras 24 horas e outro medio millón adicional ao día seguinte, polo que estariamos ante o xogo de estratexia que máis rápido vendeu da historia, e o xogo para PC que mellor está a funcionar no presente ano, pois aínda que esteamos a falar dun título de nicho (o xénero da estratexia en tempo real é bastante minoritario) os seareiros da franquía son bastante fieis, aínda que sen chegar ao nivel de World of Warcraft, que na súa última expansión vendeu 2,8 millóns de copias en 24 horas (superando os 2,4 millóns de copias da súa entrega anterior).
De todos os xeitos, non parece xusto xulgar o éxito de StarCraft II comparándoo co videoxogo que move máis cartos a nivel mundial (e que está considerado coma o motor do xogo en liña para PC).

O volume de vendas de StarCraft II está a ser abraiante

PUBLICIDADE