Starfield supera os 6 millóns de xogadores
xoves, 7 de setembro do 2023
O xogo
de rol de Bethesda Starfield está confirmando ser un dos meirandes
lanzamentos do ano pese a ser un tÃtulo que non está dispoñible para
PlayStation 5, e como mostra deste éxito temos que o responsable da división de
videoxogos de Microsoft, Phil Spencer, confirmou que Starfield conseguiu superar a barreira do millón de xogadores
simultáneos (incluÃndo picos de máis de 269.000 xogadores en
Steam), aÃnda que se falamos
de xogadores totais a cantidade elevarÃase até os 6 millóns, converténdose
no meirande lanzamento na historia de Bethesda.
Starfield é o primeiro xogo de Bethesda como estudio pertencente a
Microsoft e publicado dende o primeiro dÃa no Xbos Game Pass, estando
dispoñible para consolas Xbox e ordenadores persoais, polo que resulta un lanzamento
atÃpico, que pode ser un elemento crucial na popularización do xogo mediante
subscrición, xa que serán moitos os xogadores que se introducirán ao Game Pass
como un xeito económico para gozar de Starfield, e de ter a previsión de
recibir máis grandes xogos nos vindeiros meses poderÃan optar a manter a
subscrición, o que xustificarÃa a creación deste tipo de tÃtulos como
exclusivos de Microsoft en consola.