Starlink achegará conexión á Rede durante os voos de Iberia
venres, 7 de novembro do 2025
Iberia anunciou que ofrecerá conexión Wi-Fi de alta velocidade e de balde a todos os seus pasaxeiros, tanto en voos de curto como de longo percorrido, grazas a un acordo estratéxico entre o grupo IAG e Starlink, a compañÃa de Internet por satélite desenvolvida por SpaceX.
A aeroliña incorporará este novo sistema de conectividade a partir de 2026, o que permitirá aos usuarios acceder a internet cunha calidade similar á dunha rede doméstica, sen interrupcións e en calquera parte do planeta, incluÃdas zonas tradicionalmente sen cobertura, como as rexións polares. O servizo estará dispoñible para todas as cabinas (turista, turista premium e business) e supón un importante avance na experiencia a bordo.
A tecnoloxÃa de Starlink baséase nunha rede de milleiros de satélites en órbita baixa capaces de ofrecer velocidades de descarga de ata 450 Mbps e de subida de ata 70, o que permitirá reproducir contido en streaming, traballar na nube ou xogar en liña durante o voo.
Esta iniciativa forma parte do Plan de Voo 2030 de Iberia, que prevé un investimento global de seis mil millóns de euros para impulsar a innovación, a dixitalización, a intelixencia artificial e a creación da Cidade Iberia, un novo centro de innovación aeronáutica. Segundo a compañÃa, a alianza con Starlink reforza o seu compromiso cun futuro máis conectado, eficiente e sostible, consolidando o liderado de Iberia dentro da aviación europea.
