Starlink aproveita a apagada española para proporse como solución de emerxencia
venres, 2 de maio do 2025
A apagada do pasado luns deixou en evidencia as nosas infraestruturas de telecomunicacións en caso de catástrofe, situación que está a dar moita publicidade a Starlink, compañÃa que cando deixou de poder ofrecer servizo a través das súas estacións españolas pasou a ofrecelo a través de Italia permitindo que os seus usuarios españois seguisen conectados.
A compañÃa de acceso á Rede mediante satélites de baixa altura está a aproveitar o momento para captar novos clientes, anunciándose como unha opción ideal para emerxencias, polo que lanza unha nova oferta que complementa á de ofrecer antena e router de balde cunha permanencia dun ano, de xeito que até o 31 de maio ofrece os seus kits cun 50 % de desconto, de xeito que o Kit Starlink estándar ten un prezo de 175 euros e o Kit Starlink Mini queda en 149 euros.
Estes prezos aplÃcanse tanto a plans residenciais como itinerantes, e reducen a barreira de entrada á contratación dun servizo que nun principio se recomenda para quen non ten cobertura de fibra óptica, pero que agora está a gañar peso como solución alternativa para emerxencias, tras demostrarse que as comunicacións móbiles actuais non están á altura.