Startup Galicia estrea podcast

venres, 23 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Startup Galicia súmase ao catálogo sonoro de RadioGalegaPodcast.gal

A comunidade aberta de emprendedores Startup Galicia estreou esta semana un podcast homónimo na plataforma RadioGalegaPodcast, que achega experiencias, consellos e trucos para os que desexen desenvolver unha iniciativa empresarial de seu.
Cada xoves teremos unha nova entrega deste podcast no que descubrirán ideas para unha empresa, consellos para superar os desafíos financeiros ou incluso as chaves para construír equipos sólidos, sempre con honestidade e algo de retranca.
Cada semana en Startup Galicia entrevístase a emprendedores, presentaranse historias de éxito, e incluso darase conta de fracasos para aprender dos erros.

PUBLICIDADE