Steam comeza a achegar os seus xogos a Chrome OS

martes, 22 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Os equipos que funcionan con Chrome OS están limitados principalmente a aplicacións baseadas en tecnoloxías web e a aplicacións para Android, de aí que resulte especialmente rechamante o feito de que veñan de estrear en fase alpha unha versión de Steam, o que permite que unha serie de Chromebooks poida xa gozar dalgúns videoxogos para PC.
Polo momento esta aplicación que serve para acceder ao catálogo de xogos de Steam só está dispoñible para uns poucos Chromebooks bastante potentes (basicamente equipados con procesadores modernos, 8 GB de RAM e gráfica Intel Xe), que corran a versión para desenvolvedores de Chrome OS, e reducindo polo momento a súa compatibilidade da xogos como Portal 2, Hades, Age of Empires II, The Elder Scrolls V, Team Fortress 2, Euro Truck Simulator 2, Dead Cells, The Witcher 3, Celeste, Half-Life 2, Civilization V, Left 4 Dead 2, Cuphead, Tekken 7, Fallout 4 e algúns outros máis que serven para comprobar que é posible mover xogos bastante esixentes en Chromebooks, o que mellora o atractivo deste tipo de equipos para usuarios doméstico.

PUBLICIDADE