Steve Jobs descúlpase pola rebaixa de prezo do iPhone agasallando ós seus compradores 100 dólares de desconto en tendas Apple
venres, 7 de setembro do 2007
Trala rebaixa de 200 dólares
nos seus iPhone, Steve Jobs veuse forzado a reaccionar ante a irritación
dos consumidores que pagaron o prezo orixinal polo teléfono de Apple durante os
últimos 2 meses, e publicou na web da súa compañÃa unha carta aberta na
que asegura que a gran rebaixa no iPhone está a producirse nun momento axeitado
pero promete un crédito de 100 dólares para mercar produtos en calquera tenda
de Apple (tanto fÃsica coma virtual).
Jobs descúlpase polas molestias que causaron a moitos compradores que se
sentiron defraudados por ver como o seu novo terminal baixaba de prezo a poucas
semanas da súa compra e, de feito, poderiamos dicir que o seu prezo orixinal só
se mantivo durante unhas 7 semanas (xa que quen o mercase nas últimas 2 semanas
recibirá un reintegro de 200 dólares) o que fai quedar mal ós early adopters, aÃnda que o presidente
de Apple recoñeceu que é un risco que toman os que mercan os produtos máis
novos, mentres que os que esperan a rebaixas ou novas prestacións poderÃan
estar agardando infinitamente (sempre haberá mellores produtos futuros).
O mercado económico tampouco parece recibir moi ben todos estes anuncios de
rebaixas e descontos, polo que Apple veu baixar
a súa cotización bolsista un 1,3% no NASDAQ.