Steve Jobs presenta versións renovadas de iMac, iLife e iWork
martes, 7 de agosto do 2007- Jobs amosa os novos iMac de 20 e 24 polgadas
Este martes Steve Jobs realizou unha agardada presentación na que se verÃan
os novos modelos de ordenador iMac,
feitos de vidro e aluminio e cun novo
teclado máis delgado. Os novos equipos se venderá en versións de 20 e 24
polgadas, de xeito que a pantalla de 17 polgadas desaparecerÃa da oferta de
Apple coma se viña rumoreando nos pasados meses.
- Novo deseño do iMac
Aparecen asà dous iMac de 20 polgadas a 1.169 e 1.399 euros e outros de 24
polgadas a 1.699 e 2.159 euros, o que supón unha rebaixa de preto de 200 euros con
respecto dos modelo equivalentes anteriores, cun prezo inicial máis elevado (o iMac de 17 polgadas custaba dende 937 euros). Asà os novos iMac incluirÃan un procesador Core 2 Duo/Extreme a 2,0/2,4/2,8 GHz, 1/2/4 Gb de
memoria, unha tarxeta gráfica ATI Radeon HD, 256/320/512 Gb/1 Tb de disco e conectividade IEEE
802.11n e Bluetooth 2.0. Na súa parte traseira contan con conectores FireWire
400 e 800, 3 portos USB 2.0, tomas de son, Gigabit Ethernet e saÃda de vÃdeo.
Se ben os rumores de renovación do iMac resultaron ser certos, a desaparición
do Mac mini parece estar pouco
fundamentada, xa que durante o evento anunciaron que veñen
de renovar os seus procesadores para que sexan equipos máis potentes.
Renovación do software
- iMovie fai máis doada a edición de vÃdeo
Jobs tamén presentou novas versións da súa familia de aplicacións iLife, destacando como o iPhone interactúa coa .Mac Web Gallery (os servizos de
almacenamento en liña de Apple pasan de 1 Gb a 10 Gb) para publicar de xeito
doado as nosas fotografÃas na web (tanto de xeito individual como agrupadas en
galerÃas).
O iMovie tamén se renova
profundamente, facendo máis doado o seu uso, e permitindo a rápida montaxe de
clips asà como a súa publicación na .Mac
Video Gallery ou en YouTube, de xeito que en poucos minutos xa podemos
amosar as nosas creacións ó mundo enteiro.
- Number mellora a presentación de datos e gráficos
A nova aplicación de montaxe de vÃdeo tamén soporta novos modelos de cámaras
dixitais para a captura dende as mesmas, asà como os formatos DV, HDV e mesmo
AVCHD (alta definición en MPEG-4).
Tamén se actualizan as aplicacións iWeb,
iDVD e GarageBand, destacando unha funcionalidade desta última, Magic GarageBand, que permite crear o
acompañamento ás interpretacións propias en moitos estilos que van dende o rock
ata o jazz.
O paquete ofimático de Apple, o iWork,
tamén se renova, incorporándose moitos moldes novos para Keynote (o programa de presentacións) e Pages (o procesador de texto), incorporándose a esta familia Numbers (unha folla de cálculo deseñada
para traballar coas outras dúas aplicacións, que mellora considerablemente o
xeito de ver táboas de datos).
Os paquetes de aplicacións iLife’08 e iWork ’08 xa están á venda por 79 euros na
tenda en liña de Apple (aÃnda que os
usuarios que merquen un Mac novo terán o iLife de balde).