Steve Wozniak sairá nun videoxogo para iOS

mércores, 14 de novembro do 2012 Marcus Fernández

De cara ao día de Acción de Grazas, ITN Games vai lanzar un xogo para dispositivos móbiles que servirá para promocionar a película Vengeance de Danny Trejo, que destaca porque, aparte de contar co carismático actor que moitos recordarán de moitas películas de Robert Rodríguez (como Machete), terá como co protagonista ao co fundador de Apple, Steve Wozniak, de aí que o xogo de plataformas e acción que estará dispoñible para iPhone e iPad leve por título Danny Trejo’s VENGEANCE Woz with a Coz.
O argumento do xogo será moi tópico: secuestran á esposa de Wozniak, Janet, de xeito que o xenio informático unirá forzas con Danny Trejo para rescatala. A aparencia deste título imitará aos clásicos xogos de 8 bits para darlle un aire retro, combinando violencia e humor. Polo momento non se sabe nin o prezo que terá o xogo nin se chegará a outras plataformas (sendo probable que chegue a Android pese a que un dos seus protagonistas fundase Apple en 1987).