Stik faise con 3 premios Conecta Digital
martes, 12 de novembro do 2024
A última edición dos premios de Conecta Digital supuxeron un grande logro para a compañÃa coruñesa Stik, pois no evento que tivo lugar en Madrid e ao que acudiron empresas como Mediaset, Telefónica, RTVE, MediaPro e Antena 3, conseguiu facerse cos galardóns de Startup máis innovadora, Startup máis viable e Startup con maior potencial de impacto global, o que supón un grande recoñecemento ao seu traballo no sector da tecnoloxÃa e do márketing dixital.
Stik, que actualmente se atopa nunha fase de beta pechada con 100 creadores de contido colaborando activamente, está a desenvolver unha innovadora plataforma de Customer Experience que permite ás marcas conectar directamente cos seus consumidores, transformando produtos fÃsicos en puntos de interacción dixital. A proposta de Stik ofrece un alcance global e ilimitado para os contidos, superando as limitacións das redes sociais tradicionais, que dependen dos seguidores de cada usuario.
A visión de Stik chamou a atención tanto dos xuÃces de Conecta Digital como de potenciais investidores, que ven nesta iniciativa emprendedora coruñesa un alto potencial para cambiar as regras do xogo no márketing dixital e na experiencia para o cliente.