Street Fighter IV poderÃa saÃr no verán para PC
luns, 2 de marzo do 2009
Christian
Svensson, vicepresidente de planificación estratéxica e desenvolvemento de
negocio de Capcom, fixo varias declaracións sobre o seu grande éxito Street Fighter IV, confirmando que tralo
seu lanzamento para Xbox 360 e PlayStation 3 o pasado 20 de febreiro, haberá
que agardar ao verán para ver unha versión de PC do mesmo.
O xogo está a superar todas as expectativas de Capcom, cunhas vendas
fortÃsimas, polo que na actualidade están a negociar con Mad Catz para a
comercialización de packs nos que se inclúa o xogo xunto cun dos mandos
personalizados para este tÃtulo de loita (como mÃnimo na versión de PC), aÃnda
que agardamos que esta venda conxunta tarde uns meses en chegar ás tendas,
porque estes controladores están a demorar o seu lanzamento en moitos paÃses, o
que poderÃa vir provocado por certos
problemas na súa fabricación.