Street Fighter V inicia a súa terceira beta

venres, 18 de decembro do 2015 Marcus Fernández

O agardado xogo de loita Street Fighter V inicia hoxe a súa terceira beta en liña, que desta volta desenvólvese tanto dende PC como de PlayStation 4, o que será unha grande oportunidade para probar como será este xogo á vez que os responsables do mesmo analizarán o funcionamento dos seus modos en liña para escalar axeitadamente os seus servidores para non ter problemas no seu lanzamento o vindeiro 16 de febreiro.
Nesta nova versión de proba poderase comezar elixindo entre os loitadores Ryu, Birdie, Cammy, Necalli, Nash e Laura, mentres que Dhalsim e Zangief incorporaranse máis adiante durante as probas (sendo posible que apareza algún personaxe máis a xeito de sorpresa).
O xogo contará no seu menú coas seguintes opcións: Ranked Match (combates para progresar nunha clasificación global), Casual Match (partidas ocasionais), Training (adestramento), Capcom Fighters Network (para comprobar as clasificacións en liña, atopar repeticións e revais), Battle Setting (configurar o perfil de personaxe e botóns e outras opcións) e Options (configurar as opcións de pantalla e son).
Cómpre destacar que Capcom fixou un calendario desta beta, de terá lugar até o domingo, e na que estarían programadas dúas paradas técnicas de 10 horas cada unha (aínda que non sería de estrañar que non se cumprisen rigorosamente os horarios fixados, xa que neste tipo de probas é habitual que xurdan incidencias.

Dhalsim e Zangief estarán presentes na beta, aínda que non nas primeiras horas da mesma

PUBLICIDADE