Street Fighter V recibe esta semana unha importante actualización

luns, 27 de xuño do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro día 30 ás 23:00 horas os servidores que atenden ao xogo de loita Street Fighter V van entrar nun proceso de mantemento até as 9:00 horas do 1 de xullo, cando está previsto que chegue a todo o mundo a agardada grande actualización de verán do xogo, que incluirá como principal novidade o modo historia (separado do lanzamento inicial do xogo para non descoidar este elemento tan importante), aínda que os usuarios máis interesados na competición pura agradecerán máis a incorporación de dous novos loitadores: Balrog e Ibuki.
Balrog é un dos personaxes máis coñecidos da historia de Street Fighter, que incorporouse en Street Fighter II e que estaba inspirado no boxeador profesional Mike Tyson (de feito, para disimular tal inspiración optaron por intercambiarlle o seu nome orixinal, M. Bison, co doutro loitador para evitar problemas legais). Este loitador tamén apareceu en Street Fighter Alpha 3, Street Fighter IV, Capcom vs. SNK e Street Fighter X Tekken, polo que resultaba evidente que tería que estar dispoñible en Street Fighter V, xogo que grazas ás súas sucesivas actualizacións vai collendo forma para converterse no título que se esperaba dende o primeiro día.

Tráiler de presentación de Ibuki

Tráiler de presentación de Balrog

PUBLICIDADE