Street Fighter x Tekken estrea versión para iOS
xoves, 20 de setembro do 2012
Os xogos de loita levan un tempo demostrando que, aÃnda que
o seu control máis cómodo sexan os mandos fÃsicos arcade, poden gozarse con
pantallas táctiles, e como claro exemplo Capcom estrea hoxe na App Store a aplicación
universal de Street Fighter x Tekken
Móvil, que terá un prezo de 3,99 euros, pero que para celebrar o
lanzamento do iPhone 5 ofértase temporalmente a 2,39 euros.
O xogo xunta a loitadores das franquÃas de Street
Fighter e Tekken, enfrontándoos
en combates únicos, permitindo competir con xogadores de todo o mundo e
adaptando o xogo que co mesmo tÃtulo chegou a consolas hai uns meses (aÃnda que
desta vez só poderemos elixir entre 10 personaxes entre os que non faltan Ryu,
Chun-Li, Kazuya ou Nina). Conta con gráficos 3D compatibles coa pantalla Retina
dos trebellos móbiles de Apple, sendo compatible co iPhone 4/4S, o iPod Touch
de 4ª xeración ou superior e o iPad 2 ou superior, deixando fóra da ecuación ao
vello iPad e ao iPhone 3GS.
Trailer de lanzamento do xogo