Sube o prezo oficial de substitución de baterÃas do iPhone
luns, 16 de setembro do 2024
O estado de saúde das baterÃas dos iPhone cobrou moito protagonismo nos últimos anos dende que Apple mudou o comportamento de iOS para que os teléfonos reducisen o seu rendemento en función do nivel de degradación, impedindo asà unha caÃda drástica da autonomÃa que non permitise que durase toda unha xornada. Ante esta situación recomendábase a substitución da baterÃa tras 2-3 anos de uso, conseguindo asà un dispositivo que se comporta practicamente como un novo, o que podÃa facerse por uns 89 euros (ou incluso por 29 euros nunha situación moi especÃfica), o que parecÃa unha cantidade máis que razoable para incrementar substancialmente a vida do teléfono, pero a cousa estarÃa a perder atractivo en vista da suba de prezos que veñen de advertir dende MacRumors.
Coas novas tarifas, cambiar a baterÃa dun iPhone 16 Pro ou Pro Max haberÃa que pagar 135 euros ou 109 euros de estarmos ante un iPhone 16 ou 16 Plus ou a calquera dos modelos de iPhone 15 e 14, baixando até os 99 euros no caso dos iPhone 13, 12, 11 e X, mentres que os iPhone 8, 7 e SE terÃan un prezo de 79 euros, completando asà un cadro de tarifas que pode resultar pouco atractivo, levando aos consumidores con teléfonos fóra de garantÃa a recorrer a servizos de substitución de baterÃa alternativos.